jueves, 3 de marzo de 2011

O BO TEMPO VAINOS ACOMPAÑAR!!!


Cesan os ventos, suben as temperaturas e non chove, que máis podemos pedir??

FUNÇAO PÚBLIKA: A PANORAMA DE PORTUGAL


Funçao Públika é unha das mellores orquestas de Portugal, como xa ten vido máis veces a Galicia, conta cun repertorio especial para a ocasión, onde gozarán da boa música tanto os mozos máis rockeiros, coma os maiores máis "pasodobristas".

Agardamos que vos guste!

Deixo uns vídeos desta gran orquesta. Popurrí de Abba e Popurrí de Queen.

http://www.youtube.com/user/FuncaoPublikaChaves#p/u/24/07sSeG7Ag4o

http://www.youtube.com/user/FuncaoPublikaChaves#p/u/25/H0aeeNwQajI

VEN A DISFRAZARTE CON NÓS O 5 DE MARZO


A noite do sábado (5 de Marzo) en San Martiño do Mato celeramos o FESTIMATO. Reunirémonos veciños, familias, amigos e demais persoas, con moitas ganas de troula. Amenizan a noite dúas orquestazas (FUNÇAO PÚBLIKA e STEREO MUSIC SHOW) que nos ofertarán música ininterrumpida durante máis de 7 horas. E ademais PREMIAMOS CON 100 € ó disfraz máis orixinal.
E ti, a que esperas???
Atoparás o disfraz premiado? Aguantarás tanta festa xunta??

TAN SÓ O TES QUE COMPROBAR, ACHEGÁNDOTE A ESTA PARROQUIA DO CONCELLO DE TABOADA, ONDE NUNCA SE NOS ACABAN AS GANAS DE FESTA.